24 feb 2012

21 de febreiro, Día da Lingua Materna

Dende o 1999, en que foi instituído pola UNESCO, cada 21 de febreiro celebramos o Día da Lingua Materna, coa finalidade de promover a pluralidade lingüística e cultural de todos os pobos.
A data foi elixida por ser a conmemoración do asasinato a mans da policía de varios mozos en 1952 durante unha manifestación para reivindicar que a súa lingua, o Bangla, se convertese nun dos idiomas nacionais de Paquistán.
Este ano, a coincidencia co Entroido impediu realizar actividades no ensino. Hoxe, coa incorporación ás tarefas diarias, dende o IES de Curtis celebramos o Día da Lingua Materna coa saída á luz deste blog. Ningunha data se nos antolla máis axeitada para un espazo co que queremos contribuír ao coñecemento e á visibilidade da nosa lingua e da nosa cultura. Longa vida!


Deixámosvos a seguir un video realizado por Manuel Bermúdez que convida á reflexión.



No hay comentarios:

Publicar un comentario