Onte no Teatro Principal de Pontevedra Nani Matos presentou a súa nova produción: Flores para Amalia, unha curta que lle ha dar alegrías ao audiovisual galego.
Cunha fotografía coidadísima e un extraordinario elenco de actores e actrices, na produción nótase ben a pegada do autor: a tenrura, o amor, as relacións entre maiores e o coidado exquisito dos detalles.
Longa vida e moitos premios, que os terá. Agardámoste en Curtis, Nani.
No hay comentarios:
Publicar un comentario