8 jun 2015

Grazas, Xabier!

A semana pasada estivo connosco Xabier P. Docampo, o autor de A illa de todas as illas, entre outras moitas obras.
El foi, sen ningunha dúbida, o autor máis interesante de todos os que visitaron o IES, porque ten un trato directo, próximo e falounos como a adultos e amigos.
Dende o comezo da quenda de preguntas, demostrou ser dinámico e divertido, xa que nos facía rir en cada resposta e era imposible aburrirse. 
Contounos moitas anécdotas como a do seu primeiro día de escola no que decidiu que non volvía máis porque o mestre lle pegou, e tiveron que pasalo á escola de nenas. Rodeado de mulleres, segundo afirmou, aprendeu valores e cousas moi útiles para a vida. 

Está seguro de que a súa profesión lla debe a seu pai que era un magnífico contador de historias e a súa nai que era unha namorada da lectura. 
Tamén nos dixo que había que ler, e que as linguas suman,  nunca restan; por iso, quen sabe galego e castelán sabe máis có que só sabe falar unha delas.  
Normalmente, nos encontros cos escritores, acábase a sesión porque non temos máis preguntas, pero neste caso non foi asi. Fixémoslle moitas preguntas porque tiñamos interese no que nos dicía, pero tivo que marchar para outro instituto. 
Sen dúbida, o mellor encontro da miña vida cun escritor. Sorte na túa, Xabier. 

                                           Manuel Sánchez Abelenda, 2º ESO A.

No hay comentarios:

Publicar un comentario