2 jun 2015

Se a poesía che parece un rollo, le Luisteratura






Andrea Boado, a seareira máis fiel deste blog, estréase hoxe como crítica literaria, e as palabras recenden a novo.
Benvida á túa casa. Agardamos que, ademais de lectora, pases a ser colaboradora habitual! 

Luís Pirucha, autor de Luisteratura, é un rapaz de Portonovo que dende hai un tempo cultiva o seu gusto pola literatura coa publicación de numerosos relatos en diversos blogs e foros dixitais. A pesar do pouco apoio por parte das editoriais, a súa obra xa logo contará cunha segunda edición.

Luis comezou a escribir dun xeito máis serio a partir das súas vivencias estando de Erasmus en Portugal, polo que Luisteratura conta con algúns relatos con certos trazos autobiográficos, aínda que polo xeral fan unha crítica cara á familia, a educación...

O libro pode estruturarse en tres partes: relatos extensos, breves e finalmente poesía.

A publicación foi complicada pois, debido á falla de subvencións para a edición en galego, non é doado atopar unha editorial a día de hoxe; ademais moitas delas seguramente non aposten por unha escrita nova como a que se nos amosa aquí. Nestas circunstacias, Luis optou pola autoedición, pois xa contaba cunha excelente resposta por parte dos lectores. Tamén optou por unha nova maneira de publicidade, as redes sociais, facendo chegar o libro máis preto do público.


No hay comentarios:

Publicar un comentario