8 nov 2015

Son curtas: Mamasunción

Daniel Ares Crego, de 4º ESO, recoméndanos esta semana unha curtametraxe imprescindible. Hai alguén que non a vira? É un clásico, xa que marcou o comezo do Audiovisual galego, aló polo 1984!

Título: Mamasunción.

Director: Chano Piñeiro.

Ano: 1984.

Produción: Piñeiro SA.

Actores:  Antón Casal, Asunción Racamonte, Manuel Barreiro, David de Liñares, Tía Elvira, Tía Luisinda, Eliseo Montes, Diego Montes, Ricardo Álvarez, Mari Luz, Amaro, Gonzalo Pereira, Manuel Martínez.

A obra conta a historia de Mamasunción, unha anciá que vive nunha remota aldea de Ourense. Cada día, durante corenta anos, acode á oficina de correos en espera dunha carta do seu fillo emigrado. Por fin, un día o carteiro entrégalle a Mamasunción a carta longamente agardada. Primeiro lella unha veciña e dille que o fillo está ben e que axiña escribirá de novo. Porén, Asunción desconfía e dálla a ler ao borracho da aldea. El comunícalle que o seu fillo morreu e que lle deixou unha cuantiosa herdanza.O alcalde do concello chega á aldea nun coche, o cal se converte nun grande acontecemento, pero o que sucede a partir de aí non é o esperado...


No hay comentarios:

Publicar un comentario