Sara López Fandiño, de
4º ESO, recoméndanos esta semana un clásico: Coruña imposible, curtametraxe dos
anos 90 con numerosos premios nacionais e internacionais, entre eles a medalla
de bronce do The New York Festivals 1996.
Ao longo de 11
minutos a angustia do protagonista apodérase de nós!
Dirección e guión: Paco
Rañal.
Dirección
fotográfica: Sergio Franco.
Música: Claudio
Canedo.
Produción: Cheché
Carmona / Amalia Mato / Fernando Pereira.
Algúns dos actores
que aparecen son: Roberto S. Luna, Vicente Montoto, Fely Manzano, Manuel Ramallal, Xosé M. Baño, Isabel Vázquez
e Mary Malvido.
Un home esperta pola mañá e, cando se levanta e refrega
os ollos, de súpeto atópase nunha praza, en zapatillas e calzóns e con toda a
xente mirándoo.
Bota a correr pola Coruña adiante para fuxir da xente.
Tenta entrar nunha tenda de roupa pero bótano fóra. Despois de seguir andando
atopa outra, na que ademais de roupa, tamén venden zapatillas coma as que el
leva postas. Colle un xersei e un pantalón, ponos e tenta liscar de alí, pero
unha das dependentas veo e obrígao a quitar a roupa e as zapatillas. Cando por
fin consegue chegar á casa e abrir a porta, descobre que o pesadelo continúa.
Encantoume. Foi o propio director o que a subiu ao YouTube
ResponderEliminarhttp://www.acuartaparede.com/entrevista-paco-ranal/
despois da desfeita de Flocos da http://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2016/03/a-desfeita-de-flocostv.html
Recólloa para o meu blogue.
Si, é unha xoia. Alegroume que os rapaces deran con ela.
Eliminar